Había unha vez nun país non moi lonxe de aquí, un home que vivía na rúa, os acontecementos da vida levárono a acabar nos suburbios dunha gran cidade. Este home estaba un día máis vagando pola cidade cando foi atacado polo que parecía zombie.
O zombie comezou a mordelo pola cara e seguiu mordendoo pola cabeza, cando chegou un policía para axudar ó home e este ó ver que o zombie non respondia ás ordes de que deixara o que estaba facendo e se separara da víctima disparoulle. Pero o disparo non lle fixo nada e continuou coa súa actividade caníbal, daquela o policía repetiu os disparos ata que o zombie parou co seu ataque.
O home foi ingresado nun hospital debido ás lesións que lle causou o zombie, que morrería polos disparos do policía.
Esta historia podía ser o comezo dunha película ou serie sobre o apocalipsis zombie pero aconteceu na realidade. O que pasa é que o zombie non estaba morto era unha persoa normal, bueno un home semidesnudo que estaba baixo os efectos dunha nova droga sintética que se conoce como "sales de baño".
Esta nova droga está composta por metilendioxipirovalerona (MVDP) compoñente parecido ó da cocaína ou anfetaminas que actúa sobre o sistema nervioso central estimulandoo e producindo alucinacións. Os efectos desta droga son a paranoia (que pode explicar a acción deste home),aumento do ritmo cardíaco, impulsos suicidas etc... Non está claro porque os consumidores desta droga aparecen desnudos ou semidesnudos pode ser polos efectos psicóticos ou por un aumento da temperatura calor.
Pero o que me pregunto eu é: ¿existe o apocalipsis zombie? ou ¿son as drogas os "zombies" que atacan o noso cerebro?
SALUDOS DROGUILES Y NERVIOSOS.