miércoles, 26 de diciembre de 2012
Vamos tomar algo?
Cantas veces che fixeron esa preunta?Supoño que moitas, pois resulta que agora cando baixes a tomar algo podes atoparte con uns vasos máxicos. Bueno, vale, ó mellor non son tan máxicos, pero resulta que están en proxecto uns vasos que cambian de cor cando che introducen droga na bebida.
Increíble verdade?Aínda non se sabe moi ben que droga detectan ou se detectan máis dun tipo de drogas, pero a droga máis usada nesto das bebidas é o Rohypnol (flunitracepam) que produce amnesia e fai que as persoas que a tomen non se acorden do que fixeron. Ademais ten efectos hipnóticos e sedativos.
Se queredes máis información buscade por DrinkSavvy na rede, que é a empresa que está a facer isto.
SALUDOS DROGUILES E NERVIOSOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario